Universidade de Vigo

Traxectoria Profesional

Os inicios

biologicas unioviFacultade de Bioloxía Universidade de OviedoComecei a miña actividade profesional na Universidade de Oviedo, onde obtiven o doutoramento en Bioloxía no ano 1990, coa tesis doutoral titulada "Composición, distribución y producción del fitoplancton en el y el Mar Cantábrico Central" que foi merecedora do premio extraordinario de doutoramento no curso 1990-91.

 

 

 

Estancias en Gran Bretaña e EEUU

Con posterioridade, desenvolvín investigacións post-doutorais no Plymouth Marine Laboratory do Reino Unido e no Rosenstiel School of Marine and Atmospheric Sciences de EEUU, durante un total de 28 meses.

 Plymouth Marine LaboratoryPlymouth Marine Laboratory                  Rosenstiel School of Marine and Atmospheric Sciences. EEUURosenstiel School of Marine and Atmospheric Sciences. EEUU

Chegada a Vigo

En 1993, obtiven un contrato de reincorporación do Ministerio de Educación e Ciencia no Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, en Vigo, onde traballei durante 14 meses, ata conseguir unha praza de Profesor Titular Interino de Ecoloxía na Universidade de Vigo. Posteriormente, accedo á praza de Profesor Titular de Ecoloxía. En 2011 obteño a Cátedra de Ecoloxía  que ocupo na actualidade.

 Instituto de Investigaciones Marinas - CSICInstituto de Investigacións Mariñas - CSIC                  Facultade de Ciencias do Mar - UvigoFacultade de Ciencias do Mar - Uvigo

 

Líña de investigación

Emilio FernándezEmilio Fernández

A miña liña de investigación centrouse no ámbito da oceanografía biológica e a ecoloxía mariña, en particular no estudo da composición, distribución do fitoplancton e da súa relación coa variabilidade física das capas superiores do océano a diversas escalas.

Os estudos realizados se desenvolveron ben no laboratorio, en mesocosmos ou en 18 campañas oceanográficas levadas a cabo en augas polares, subpolares, temperadas, subtropicais e tropicais do océano Atlántico que supuxeron unha estancia no mar de algo máis de 11 meses.

Estes estudos enmarcanse nos 25 proxectos de investigación nos que participei, actuando en 15 deles como investigador principal. Estes proxectos foron financiados por la Unión Europea, o Ministerio de Educación e Ciencia ou o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento.

 

Resultados da investigación

Os resultados que xurden destas investigacións atopanse recollidos en 147 traballos dos cales 103 están publicados en revistas científicas indexadas. O número total de citas recibidas polos traballos publicados en revistas indexadas é de 2574, identificándose 30 publicacións que superan as 30 citas (Índice H=30). Ademáis, estes resultados presentaronse en 82 comunicacións a congresos.

A actividade de formación de investigadores concretase na dirección de 9 Teses de Doutoramento, 7 Teses de Licenciatura, 7 Teses de Fin de Mestrado e 1 Traballo de Fin de Grao. 4 das Teses de Doutoramento obtiveron o premio extraordinario. Unha vez rematada a súa estancia post-doutoral, catro destes doutores se reincorporaron ao grupo de investigación mediante contratos Marie Curie financiados pola UE ou a través de contratos Juan de la Cierva e Ramón y Cajal.

 

Investigadores cos que compartín a súa formación predoutoral

Emilio MarañónEmilio Marañón  Pablo SerretPablo Serret  Eva TeiraEva Teira 

 

   
  Bea MouriñoBea Mouriño Sandra MartínezSandra Martínez 

Patricia Pérez 

Patricia Estévez

José González

María Aranguren 

 

Xestión da investigación

Teño participado en comisións de expertos para a selección de proxectos de investigación tanto na Xunta de Galicia, como membro da Comisión de Selección de Investigación da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento (1998-2000), como no Ministerio de Educación e Ciencia. Así mesmo, participei como membro da Comisión de Selección do V Programa Marco da UE no ámbito do cambio global e da Selección de proxectos da EuroNet BioDiversa en 2008 e 2009.

Tamén participei en redes de investigadores así como de representación internacional. Formei parte do SOLAS Planning Group del IGBP/SCOR e posteriormente coordinei o grupo de traballo SOLAS-España entre 2001 e 2005. Así mesmo, fun membro do JGOFS North Atlantic Synthesis and Modelling Group del IGBP/SCOR e do comité de Ecosistemas Marinos do IGBP-España. Formei parte do Comité Español de Investigación do Cambio Global (CEICAG) constituido polo Ministerio de Educación e Ciencia entre 2004 e 2006. Actuei como representante nacional, nombrado polo McyT, no Comité executivo do Scientific Comittee for Oceanographic Research (SCOR) entre 1999 e 2005. Ademáis, fun membro do comité editorial de Journal of Plankton Research dende 2004 ata 2007.

 

Actividade docente

A miña actividade docente comeza durante o periodo de formación predoutoral no que colaborei na impartición de clases prácticas das asignaturas Ecoloxía de Sistemas e Bioloxía Mariña da Licenciatura en Bioloxía da Universidade de Oviedo.

Como profesor de Ecoloxía, impartin docencia en 5 das 8 asignaturas que o área ten asignadas na Titulación en Ciencias do Mar: Ecoloxía Mariña, Medio Ambiente, Contaminación Mariña, Bioloxía Mariña e Fitoplancton. Actualmente, imparto a materia Ecoloxía Mariña do Grao en Ciencias do Mar.

Dende 1992 desenvolvin actividade docente de 3º ciclo nos programas de doutoramento "Oceanografía e Bioloxía dos Recursos Acuáticos" da Universidade de Oviedo e nos programas "Bioloxía Mariña e Acuicultura" e "Bioloxía de Organismos e Ecosistemas" da Universidade de Vigo. Así mesmo, participo no master "Economía e Xestión da Pesca e da Acuicultura" dende 2007 e no programa de postgrao conxunto da UIMP e o CSIC sobre cambio global. Acrtualmente formo parte do claustro de profesores dos máster "Xestión do desenvolvemento Sostenible", "Bioloxía Mariña" e "Oceanografía" da Universidade de Vigo.

 

A actividade docente completase cunha intensa actividade divulgadora e de formación de profesores, impartindo máis de 70 leccións ou conferencias en xornadas, seminarios, cursos de extensión universitaria e actuando como docente en cursos de formación de asociacións de enseñantes e dos centros de formación e recursos.

 

Xestión universitaria

Formé parte do Claustro da Universidade de Vigo durante un periodo de seis anos (1998 até 2004).

As actividades de xestión académica resumense no desempeño do cargo de secretario do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal durante 15 meses, dende o momento da creación de dito departamento, así como do posto de Vicedecano da Facultade de Ciencias do Mar no periodo 2004-2005.

 

Xestión na administración pública

En agosto de 2005 fun nomeado Director Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia. Este departamento ostentaba competencias en investigación e observación ambiental, calidade de augas e avaliación ambiental estratéxica de plans e programas. Unha das líñas centrais foi a elaboración e posta en marcha do Plan Galego de Loita contra o Cambio Climático, campo no que se adquiriu unha ampla visión dos aspectos relacionados coa mitigación e adaptación a escala rexional, estatal e internacional, ao actuar como membro da delegación de España nos cumios mundiais sobre cambio climático de Montreal (2005), Nairobi (2006), Bali (2007) e Poznan (2008). É de especial relevancia neste contexto, a elaboración e publicación en 2009 do libro "Evidencias e impactos do cambio climático en Galicia" que impulsado dende a dirección Xeral recolle o coñecemento existente ao respecto na Comunidade Autónoma.

 

De volta á universidade

Reincorporado á universidade en 2009, retomo a miña actividade docente e investigadora anterior abrindo novas líñas de investigación neste caso no ámbito do estudo das respostas dos ecosistemas costeiros ás alteracións nos aportes de nutrientes.

 

Interese en Ecoloxía Urbana

A reincorpoción á universidade leva aparellada o inicio de novas actividades que resultan da emerxencia de novos retos intelectuais neste caso  no ámbito da ecoloxía urbana.

Así, dende mediados de 2009 desenvolvo traballos neste eido, xunto cos meus colegas Luis Ramos, Ricardo Bento, Francesc Cárdenas e Gonzalo Méndez, no marco da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico, ubicada na cidade portuguesa de Vila Real.

 

 

Campus do Mar: un novo reto profesional

Desde novembro de 2009 coordino a candidatura a Campus de Excelencia Internacional "Campus do Mar" liderada pola Universidade de Vigo. En outubro de 2010 o Ministerio de Educación do Goberno de España concedeu ao proxecto Campus do Mar a categoría de Campus de Excelencia Internacional, Campus que dirixo dende os seus inicios. O Campus do Mar agrega ás universidades do Sistema Universitario de Galicia, aos organismos públicos de investigación asentados en Galicia, ás universidades de Porto, Aveiro, Minho, UTAD e o Instituto Politécnico de Leiría, así como a numerosas empresas, axentes sociais e institucións públicas.

 

Emilio Fernández. Fotógrafo: Xurxo LobatoEmilio Fernández. Fotógrafo: Xurxo Lobato