Universidade de Vigo

Docencia

Durante a miña etapa de formación predoutoral, entre os anos 1997 e 2000, impartín as miñas primeiras clases prácticas de Ecoloxía de Sistemas e Bioloxía Mariña da Licenciatura en Bioloxía da Universidade de Oviedo.

Na Universidade de Vigo, a miña actividade docente foi regular entre los anos 1995 e 2005, periodo no que impartin cinco materias da licenciatura en Ciencias do Mar: Ecoloxía Mariña, Medio Ambiente, Contaminación Mariña, Bioloxía Mariña e Fitoplancto, e unha da licenciatura en Bioloxía: Organización e Estructura de Ecosistemas.

Reincorporado á universidade en 2009, retomei a actividade docente como responsable da materia "Ecoloxía Mariña" de tercer curso da Licenciatura en Ciencias do Mar.

Dende 1992 desenvolvin actividade docente de 3º ciclo nos programas de doutoramento "Oceanografía e Bioloxía dos Recursos Acuáticos" da Universidade de Oviedo e nos programas "Bioloxía Mariña e Acuicultura" e "Bioloxía de Organismos e Ecosistemas" da Universidade de Vigo. Así mesmo, participo no máster "Economía e Xestión da Pesca e da Acuicultura" desde 2007 e no programa de postgrado conxunto da UIMP e do CSIC sobre cambio global. A partir de 2009, formo tamén parte do claustro de profesores dos máster en "Xestión do Desenvolvemento Sostenible", "Oceanografía" e "Biodiversidade e Ecosistemas" da Universidade de Vigo.

Dende 2010 imparto docencia de grado e máster na Universidade de Aveiro.

Así mesmo, foron numerosas, máis de 60, as conferencias impartidas no marco de actividades de divulgación científica.